Obrigas de INORDE

Toda a información relativa ao convenio, estará dispoñible nunha web na que se respectará a publicidade FEADER.

  1. Relativas á conservación ex situ.
  2. Mantemento de exemplares ex situ nas axeitadas condicións de nutrición, hixiénicas e sanitarias:
  • Un rabaño da raza Ovella Galega. Conformarase con polo menos 8 grupos reprodutivos de 1 macho e 7 femias.
  • Un rabaño da raza Porco Celta. Conformado por 8 grupos reprodutivos de 1 macho e 2 femias.
  • Un rabaño da raza Cabra Galega. Formado polo menos por 4 grupos reprodutivos de 1 macho e 4 femias.

Todos os rabaños serán aloxados nas instalacións pecuarias que o Instituto posúe na finca de Armariz, Nogueira de Ramuín.

  1. Aplicar un programa de reprodución específico para cada especie e multiplicar o número de animais en cada un.
  2. Xestionar o reparto dos animais excedentes, segundo os criterios previamente establecidos, entre os gandeiros solicitantes de exemplares destas razas.
  3. Facilitar apoio ás asociacións de criadores das razas no mantemento ou creación dos bancos de xermoplasma.

Ademais, o INORDE:

  1. Porá a disposición do Convenio un técnico veterinario con amplos coñecementos do sector e das razas.

6. Aportará o persoal administrativo necesario así como os operarios encargados do manexo dos animais.

Pita de mos

Finca de Valverde – Allariz

Cabra galega

Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín

Porco celta

Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín

Ovella galega

Finca de Armariz – Nogueira de Ramuín