Nova programación formativa no Centro Colaborativo de Cantoña

O INORDE pon en marcha unha nova programación formativa no Centro Colaborativo de Cantoña, dirixida ás persoas interesadas en adquirir a capacitación necesaria para utilizar as súas instalacións e equipamentos.

Estas accións formativas contan co apoio da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), e teñen como obxectivo facilitar ás persoas participantes os coñecementos necesarios para desenvolver a súa actividade no centro de maneira adecuada, segura e conforme aos requisitos establecidos.

Tres módulos obrigatorios para obter a capacitación

Para obter a capacitación como persoa usuaria do Centro Colaborativo de Cantoña será necesario completar tres módulos obrigatorios de carácter presencial, cunha duración total de 12 horas:

  • Trazabilidade: 4 horas.
  • Manexo de equipos: 4 horas.
  • Limpeza e desinfección: 4 horas.

Co obxectivo de facilitar a participación, programáronse tres quendas completas, nas que se poderán realizar os tres módulos escollendo entre horario de mañá ou de tarde (mañá de 09:30 a 13:30 e tarde de 16:00 a 20:00):

  • 8, 9 e 10 de outubro de 2026.
  • 19, 20 e 21 de outubro de 2026.
  • 5, 6 e 7 de novembro de 2026.

Cada unha destas quendas permitirá completar os tres módulos necesarios para acceder á capacitación para o uso das instalacións do Centro Colaborativo de Cantoña.

Formación en Prevención de Riscos Laborais

A programación inclúe tamén formación presencial específica en Prevención de Riscos Laborais asociados á transformación de produtos alimentarios, cunha duración de 4 horas.

Haberá dúas opcións:

  • 3 de outubro: grupo en horario de mañá.
  • 20 de outubro: grupo en horario de tarde.

Ademais, a oferta formativa complétase con accións de hixiene e manipulación de alimentos e de Prevención de Riscos Laborais, que se desenvolverán na modalidade de teleformación.

Inscrición

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario:

Acceder ao formulario de inscrición

Con esta nova programación, o INORDE continúa impulsando a formación e o acompañamento das persoas usuarias do Centro Colaborativo de Cantoña, facilitando os coñecementos e ferramentas necesarios para aproveitar os recursos e equipamentos dispoñibles no centro.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: