Os socios do proxecto europeo Circular Labs lanzan unha Rede de Centros de Emprendemento en Economía Circular co obxectivo de crear un lugar de encontro (virtual e físico) no que se promoverá o contacto e a colaboración entre os labs creados no marco deste proxecto con outros espazos de emprendemento e centros de innovación que se atopen na área de cooperación.
A rede terá soporte na plataforma web do proxecto https://marketplace.circularlabstoolkit.eu/, onde cada espazo de innovación terá o seu espazo virtual e no que os emprendedores poden dar a coñecer e compartir as súas ideas, produtos ou servizos e establecer sinerxías con outros emprendedores ou empresas.
O primeiro encontro desta Rede celebrarase a través de Zoom, mañá mércores, 26 de maio, de 10.00 ás 12.00 horas. Durante o encontro haberá unha presentación do programa e do Marketplace, un espazo de presentación dos centros e das actividades que realizan, e farase unha dinámica para sacar novas ideas e coñecer as expectativas dos centros. Aínda estás a tempo de participar, inscríbete: https://docs.google.com/…/1FAIpQLSdinCfV…/viewform
O proxecto Circular Labs – Promovendo o espírito empresarial para a economía circular no espazo ibérico está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. No proxecto participan, ademais do Inorde, a Fundación EOI, a Fundación Patrimonio Natural de Castela e León, Deputación de Ávila, Concello de Valladolid, Universidade de Salamanca, Fundación Paideia Galiza, MAIEUTICA-Cooperativa de Ensino Superior – Maia, Instituto Politécnico de Bragança, ADITEC: Asociacion Para o Desenvolvemento e a Innovación Tecnolóxica. Porto e o Municipio de Montalegre.
Para máis información contacta con nós:
Teléfono: 988.317.933/4
Correo electrónico: ctc-inorde@inorde.com
Non perdas a oportunidade de sumarte a esta Rede de Centros de Emprendemento en Economía Circular. Únete