Os socios do proxecto europeo Circular Labs lanzan unha Rede de Centros de Emprendemento en Economía Circular

Os socios do proxecto europeo Circular Labs lanzan unha Rede de Centros de Emprendemento en Economía Circular co obxectivo de crear un lugar de encontro (virtual e físico) no que se promoverá o contacto e a colaboración entre os labs creados no marco deste proxecto con outros espazos de emprendemento e centros de innovación que se atopen na área de cooperación. 

A rede terá soporte na plataforma web do proxecto https://marketplace.circularlabstoolkit.eu/, onde cada espazo de innovación terá o seu espazo virtual e no que os emprendedores poden dar a coñecer e compartir as súas ideas, produtos ou servizos e establecer sinerxías con outros emprendedores ou empresas. 

O primeiro encontro desta Rede celebrarase a través de Zoom, mañá mércores, 26 de maio, de 10.00 ás 12.00 horas. Durante o encontro haberá unha presentación do programa e do Marketplace, un espazo de presentación dos centros e das actividades que realizan, e farase unha dinámica para sacar novas ideas e coñecer as expectativas dos centros. Aínda estás a tempo de participar, inscríbete: https://docs.google.com/…/1FAIpQLSdinCfV…/viewform 

O proxecto Circular Labs – Promovendo o espírito empresarial para a economía circular no espazo ibérico está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. No proxecto participan, ademais do Inorde, a Fundación EOI, a Fundación Patrimonio Natural de Castela e León, Deputación de Ávila, Concello de Valladolid, Universidade de Salamanca, Fundación Paideia Galiza, MAIEUTICA-Cooperativa de Ensino Superior – Maia, Instituto Politécnico de Bragança, ADITEC: Asociacion Para o Desenvolvemento e a Innovación Tecnolóxica. Porto e o Municipio de Montalegre.  

Para máis información contacta con nós: 

Teléfono: 988.317.933/4 

Correo electrónico: ctc-inorde@inorde.com 

Non perdas a oportunidade de sumarte a esta Rede de Centros de Emprendemento en Economía Circular. Únete

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email