As precipitacións rexistradas dende principios de decembro do ano anterior están poñendo nun risco máis que evidente as plantacións de cereal de inverno presentes na comarca da Limia.
O cereal de inverno supón na Limia aproximadamente o 40 % da superficie destinada a plantación total de cereal, pero en relación á súa contribución en termos productivos o total de gran das sementeiras de outono-inverno eleva a súa porcentaxe sobre o total colleitado ata superar o 60 %. Sen embargo esta maior capacidade productiva leva asociada a eiva de ter que suportar as condicións climatolóxicas que supón o inverno limian.
O réxime climatolóxico que propiciou a entrada prácticamente ininterrumpida dun tren de cicloxénesis con gran profusión de precipitacións causou que, durante o periodo comprendido entre o 1 de decembro e o 11 de febreiro, caeran na Limia máis de 360 l/m2 o que supón que en dous meses e medio recolleuse o 45 % da precipitación anual media da Limia.
A día de hoxe as parcelas situadas en zonas baixas atópanse moi comprometidas, con parte da súa superficie con plantas xa mortas ou que amosan unha cor amarelenta; por outra lado as parcelas situadas en zonas altas parecen amosar un estado máis vizoso. Sen prexuizo do anterior, de continuar as precipitacións durante o mes de febreiro a perda de producción aumentará de xeito exponencial.
Considerando o arriba exposto, farase necesario cando cesen as precipitacións e o terreo se volva practicable para o uso de maquinaria, actuar sobre as plantacións existentes aplicando unha fertilización en coberteira que palie os posibles danos, sobre todo na raíz; ou ben, naquelas plantacións nas que a estimación de danos arroxe un resultado moi negativo considerar a opción de proceder a unha labor de arado que elimine o cultivo danado e propicie a plantación en primavera de novo cereal.
De calquer xeito, os servizos técnicos do INORDE a través do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro están ó dispor dos agricultores afectados á hora de deseñar a estratexia que mellor resulta cara a consecución de colleitas rendibles.