A Deputación de Ourense, a través do Inorde, participa no Salón Turístico de Galicia

Ourense, 5 de xuño de 2025.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, participa no Salón Turístico de Galicia que se celebra en Silleda do 5 ao 8 de xuño, cun stand no que se promove o conxunto da oferta turística da provincia.

Esta presenza reforza o compromiso coa proxección de Ourense como un destino auténtico, diverso e sostible, cunha proposta de valor asentada na calidade e na identidade do territorio.

No stand da provincia os visitantes atoparán toda a información necesaria para descubrir as múltiples facetas que ofrece Ourense: dende as rutas do Camiño de Santiago que cruzan a provincia, ata as rutas fluviais que se poden desfrutar nas comarcas enoturísticas, pasando por un patrimonio histórico e artístico de grande valor, unha natureza exuberante que invita á desconexión, e unha variada oferta de experiencias únicas vinculadas ao termalismo, á gastronomía, ao viño e á cultura popular.

A participación no Salón Turístico de Galicia é tamén unha oportunidade para establecer contactos con profesionais do sector, fomentar sinerxías e continuar posicionando a provincia como un destino referente no interior de Galicia, ideal para escapadas, turismo de benestar e propostas personalizadas ao longo de todo o ano.

 

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email