A xerente do Inorde asiste á inauguración da Feira Prolimia coa que colabora este organismo provincial a través da súa liña de axudas a asociacións de comerciantes

Ourense, 25 de agosto de 2023.– A xerente do Inorde, Emma González, asistiu hoxe á inauguración da terceira edición da Feira do Comercio Prolimia, organizada pola Asociación de Empresas e Comercios de Xinzo de Limia.

A Deputación de Ourense a través do Inorde colabora con este evento a través da liña de axudas que ten para o financiamento de accións de dinamización e promoción do comercio local realizadas por asociacións de comerciantes e tamén por asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia de Ourense das que formen parte comerciantes.

“Con esta axuda a Prolimia, unha das asociacións beneficiarias desta convocatoria, pretendemos apoialas en aquelas iniciativas que contribúen a reactivar o comercio de proximidade e, á súa vez, fomente o asociacionismo, como hoxe podemos ver nesta Feira”, salientou Emma González.

A xerente do Inorde trasladoulle os seus parabéns á entidade organizadora en nome da institución provincial, e agradeceu “o gran traballo que realizan ao longo do ano a prol do territorio cos seus negocios que fixan poboación e dinamizan a vida económica das vilas”.

Prolimia 2023

A Feira do comercio local Prolimia comezou hoxe e prolongarase todo o fin de semana para activar e dinamizar as ventas a finais do verán. Trátase dunha oportunidade para mostrar aos visitantes a calidade dos produtos e servizos ofertados polos establecementos comerciais de Xinzo de Limia e outros puntos do rural limiá.

Ademais dos expositores, o programa inclúe unha ampla variedade de actividades con diversos talleres e obradoiros, degustacións, xogos e música.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email