Aberto o prazo para inscribirse na VI edición da “Ourense Strade Termal”

Este evento deportivo organizado polo Inorde chega a súa edición con máis “sterratos”, un total de 12 km, que poderán gozar os cicloturistas o vindeiro 16 de abril

Ourense, 12 de decembro de 2022.- A VI edición da “Ourense Strade Termal” que vén organizando o Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, abre hoxe a partir das 12.00 horas o seu prazo de inscrición.

Os cicloturistas apaixonados do “sterrato” volven a ter unha cita ineludible coa provincia do Ourense o vindeiro 16 de abril con esta nova edición da “Ourense Strade Termal” que levará aos deportistas a descubrir fermosas paraxes da Baixa Limia, concretamente, pertencentes aos concellos de Lobios, Entrimo, Lobeira, Bande e Muíños. Ademais, como cada ano a “Strade Termal” cruzará a fronteira para chegar a Tourem (Cámara Municipal de Montalegre).

A competición, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, conta con dous percorridos: o gran fondo de 118 quilómetros e con máis de 2.000 metros de desnivel, e un  mini fondo de 75 quilómetros con 1.200 metros de desnivel acumulado. Dúas distancias que terán como novidade nesta edición que será a que conte con máis “sterratos”, 6 en total que sumarán máis de 12 km de zonas de terra compactada. A saída e a chegada da proba estará situada no no Balneario Lobios Caldaria situado en Riocaldo (Lobios).

Os interesados en participar nesta emblemática proba poderán facelo a través do seguinte enlace: https://www.deporticket.com/web-evento/7914-marcha-cicloturista-ourense-strade-termal, e para máis información consultar a web do evento: www.ourensestradetermal.com.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email