Clausura da IX edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, Ourense Vinis Terrae

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe en Expourense, na clausura da novena edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, Ourense Vinis Terrae, que reuniu a 58 expositores de 69 adegas das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Emma González felicitou a Expourense e a todo o Comité Organizador “por sacar adiante este proxecto que é un exemplo, xa que é precisamente agora cando máis nos necesita este sector”.

Así mesmo, a xerente do Inorde agardou que este punto de encontro profesional coas diferentes citas entre participantes presenciais e os que enviaron previamente as mostras para participar dixitalmente “converte a Expourense e a” Ourense Vinis Terrae” nun fito en todo o panorama nacional e ibérico cun salon destas características” e desexoulles moitos éxitos “aos nosos produtores” .

O Inorde continuará a colaborar con Ourense Vinis Terrae mañá, a través do proxecto europeo Agriconect 4.0, cunha xornada formativa sobre a comercialización do viño a través de canles dixitais da man de Javier de Blanco, experto en Comercio Exterior e Comercialización. Os interesados aínda poden anotarse en vinisterrae.es.

Esta actividade execútase no marco do proxecto Red Agriconect 4.0, do que o Inorde é socio, e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Na clausura tamén participou o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa. Durante o acto tamén se fixo entrega dos premios da segunda cata “Ourense Vinis Terrae”.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email