I Trail do Xurés en Muíños

O INORDE organiza e patrocina xunto coa Xunta de Galicia o día 29 de novembro o I Trail do Xurés en Muíños. Un  proxecto en unha das zonas mais espectaculares de Galicia, un trail no corazón do Xurés, pasando por ríos, pontes e por un dos dólmenes mais coñecidos e millor conservados, o Dólmen Megalítico de Maus de Salas.

O Trail do Xurés é unha PROBA de montaña con dúas distancias:

Xurés Gran Fondo: 25km (+600 metros desnivel)

Xurés Mini Fondo: 15km (+350 metros desnivel)

Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas e as saidas serán de 10 atletas cada 30 segundos.

A proba transcorrerá 100% por pistas e camiños, chegando a visitar en Maus de Salas un dos dolmen mais fermosos de Galicia.

A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación.

A organización habilitará 1 avituallamento no percorrido curto e dous no longo.

MAIS INFO: www.traildoxures.com

REXISTRO: https://bit.ly/2TtzxNo

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email