Montalegre volve á maior competición do mundo de Rallycross

Ourense acolleu hoxe a presentación da proba portuguesa do Campionato do Mundo FIA de Rallycross que se disputará os días 16 e 17 de outubro

O presidente do Inorde agradeceu a Montalegre que, unha vez máis, escolleran “a nosa provincia para presentar esta proba de proxección internacional nun territorio como o noso onde existe tanta afección ao automobilismo” e destacou a “alianza estratéxica” que existe entre ambos territorios

Ourense acolleu hoxe, como xa é tradicional, a presentación da proba portuguesa do Campionato do Mundo de Rallycross FIA que terá lugar os días 16 e 17 de outubro en Montalegre, volvendo así á maior competición do mundo desta disciplina deportiva. A presentación da proba tivo lugar no centro cultural “Marcos Valcárcel”, acto no que participou o presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o vicepresidente da Cámara Municipal de Montalegre, David Teixeira; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; e o presidente do Clube Automóvel de Vila Real, Jorge Almeida.

Rosendo Fernández agradeceu a Montalegre que, unha vez máis, escolleran “a nosa provincia para presentar esta proba de proxección internacional nun territorio como o noso onde existe tanta afección ao automobilismo” e destacou a “alianza estratéxica” que existe entre ambos territorios para potenciar o traballo en rede xa que “existe unha fonda vinculación entre Ourense e Portugal, territorios que tamén comparten a fronteira máis extensa entre España e Portugal, fronteira que lonxe de distanciarnos é lugar para achegarnos”.

Pola súa parte, Mario Guede afirmou que era unha honra para Ourense poder presentar un evento tan importante como é “esta proba do mundial que se vai a celebrar en Montalegre” e salientou os lazos que unen “aos ourensáns con Montalegre e cos portugueses sendo, sen dúbida, o motor unha delas, pois aquí tamén existe moita paixón polas probas de velocidade como así o demostra o Rally de Ourense que xa cumpriu 54 edicións”.

O vicepresidente da Cámara Municipal de Montalegre dixo que é “un pracer para nós vir aquí a presentar hoxe, unha vez máis, esta proba, a cal non presentamos en Montalegre, senón que foi presentada en Vila Real, terra do club que nos da o soporte técnico, e en Ourense porque non é só nosa, é de Galicia e do norte de Portugal”. “Montalegre ten a tradición de facer eventos ao máis alto nivel, un camiño que foi feito tamén en conxunto con Ourense con quen sempre colaboramos na promoción, divulgación e organización de moitos eventos, e o Inorde foi parceiro desde o inicio nese camiño de promoción”, lembrou David Teixeira, quen animou a todos a gozar “desta experiencia que vos ofrecemos, que non só inclúe ir ver o rally, senón gozar da nosa gastronomía e da nosa terra para que a coñezades e volvades a vir a ela”.

A elite mundial do Rallycross volve a Montalegre, escenario da primeira proba da historia do Campionato do Mundo FIA de Rallycross no ano 2014, logo de acoller diversas edicións do Campionato de Europa, e cos anos, converteuse nun lugar emblemático desta modalidade tanto para os pilotos, como para os equipos e os afeccionados. Será precisamente en Montalegre onde se decida o título europeo de RX3 (antiga categoría S1600) e será a penúltima proba do Mundial de RX1 (os anteriores SuperCars) que xa pasou por países como España, Suecia, Francia, Letonia e Bélxica.

A Cooper Tires World RX of Montalegre é “unha proba Ibérica de nivel mundial”, destacou Jorge Almeida, quen explicou que o Campionato do Mundo “se atopa nunha fase de transición ao querer deixar os coches de combustible e inaugurar unha nova era eléctrica a partir do vindeiro ano”. Os participantes na competición disputarán as diferentes carreiras do programa previsto para este fin de semana que son: FIA World RX1 (Mundial de SuperCars), FIA Euro RX3 (European S1600). Kartcross e Kartcros Junior.

Ás -12.30: Presentación do Campionato do Mundo FIA de RallyCross en Montalegre.- O presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o vicepresidente da Cámara Municipal de Montalegre, David Teixeira; o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; e o presidente do Clube Automóvel de Vila Real, Jorge Almeida, presentarán o Campionato do Mundo FIA de RallyCross en Montalegre. Lugar: hall do centro cultural “Marcos Valcárcel”.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email