O Centro Agrogandeiro presente no I Congreso Nacional de Productores de Pataca

A Deputación de Ourense vén de estar presente a través do Inorde no I Congreso Nacional de Produtores de Pataca, organizado pola Revista CAMPO, en Valladolid, os días 25 e 26 de xaneiro. O director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, Servando Álvarez, participou nas dúas actividades organizadas no marco deste simposio, tanto como membro do xurado dos premios nacionais de pataca como nas xornadas, onte tomou parte da mesa sectorial na que se abordaron as debilidades e amenazas do sector pero tamén as oportunidades para cada zona produtora.

No marco do I Congreso Nacional de Produtores de Pataca celebrouse a gala de entrega dos I Premios Nacionais da Pataca que homenaxearon a actores destacados no panorama do cultivo da pataca a nivel español elixidos de entre máis de 200 candidatos propostos por un xurado de profesionais do sector que representaban a toda a xeografía española. A gala tivo lugar o 25 de xaneiro en Medina del Campo.

Nesta gala foi galardoado a Campaña de Promoción ‘Pataca de Galicia. En boca de todxs’ promivda pola Xunta de Galicia para impulsar o producto amparado pola IXP Pataca de de Galicia e tamén o Concurso ‘Patapas de Xinzo de Limia’ organizado polo Concello de Xinzo de Limia na categoría de Proxecto Gastronómico.

Por outra banda, o simposio acolleu as XII Xornadas técnicas de El Carpio, celebradas o 26 de xaneiro nesta localidade, converténdose no lugar de encontro para os integrantes dun sector de especial relevancia na producción primaria: técnicos, produtores de pataca, produtores de semente de pataca, mecanización, fertilización, fitosanitarios e un longo etcétera, de todos aqueles profesionais que contribúen a que en España se continúe a producir patacas. Enlaces de interese:

https://www.revistacampo.es/portada-app/los-premios-nacionales-de-la-patata.

https://www.revistacampo.es/patata/estos-son-los-campeones-que-el-jueves-reciben-los-premios-nacionales-de-la-patata.

https://www.revistacampo.es/portada-app/el-sector-de-la-patata-sale-de-el-carpio-convencido-de-que-tiene-mucho-que-ganar.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email