O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde renova a súa acreditación da ENAC

O selo demostra que os procesos, procedementos de análises e técnicas de xestión do laboratorio se realizan de acordo a uns estándares de calidade óptimos

O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde renova a súa acreditación da ENAC demostrándose que os procesos, procedementos de análises e técnicas de xestión do laboratorio se realizan de acordo a uns estándares de calidade óptimos. O selo, que outorga a empresa nacional de acreditación, amosa que o Inorde fai un importante esforzo técnico para que as análises que realiza sexan totalmente fiables e trazables.

Dita acreditación require un alto nivel de esixencia en varios eidos: formación dos traballadores, calibración periódica de material e equipos, realización de exercicios de intercomparación con laboratorios internacionais e un sistema de xestión documental axustado aos máis altos estándares de calidade, para asegurar  que os resultados emitidos polo laboratorio sexan exactos, reproducibles e trazables. Todo elo para que os agricultores da provincia de Ourense poidan ter á súa disposición un servizo profesional cunha calidade certificada.

O laboratorio do Inorde é un dos dous únicos centros de análise de solos acreditados en Galicia, e en referencia ó reconto de quistes de nematodos da pataca en solo, o Centro Agrogandeiro segue sendo o único organismo acreditado no Estado.

O proceso de acreditación supón un proceso de mellora continua que se valida a través de auditorías continuas que se levan a cabo cada 18 meses. Estas consisten na avaliación por parte de dous auditores (un propio de ENAC e outro representante dunha entidade que teña amplos coñecementos nos parámetros acreditados) dos puntos do sistema de calidade implantado no laboratorio.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email