O INORDE COA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2018

A ETAPA 11ª “ Mombuey- Ribeira Sacra- Luintra” percorrerá o mércores, 5 de setembro os concellos da Mezquita, A Gudiña, O Bolo, Viana do Bolo, Larouco, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil,  con meta en  Luintra – Nogueira de Ramuín.

Ese mesmo día, o Campus universitario acollerá o PARQUE VOLTA desde as 16.30 h  ata as 20.30 h que conta con 24 patrocinadores. Un espazo lúdico e social con espectáculos e gastronomía,  destinado a achegar o ciclismo e A Volta a todos os afeccionados e no que Ourense está presente cun stand promocional durante as 21 Etapas.

“Ourense a provincia termal” tamén está presente na CARAVANA PUBLICITARIA da competición ciclista española cun vehículo promocional que aproxima aos afeccionados e visitantes a beleza da provincia de Ourense. Esta caravana componse de 16 marcas con 28 vehículos e percorren ao redor de 400 municipios españois

“Ourense a provincia termal” de novo co ciclismo.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email