O Inorde colabora coa Feira do Viño de Monterrei que reunirá a 18 adegas

O Inorde colabora a través da súa liña de axudas económicas para cooperar cos concellos da provincia, neste caso co de Verín, para accións de promoción de produtos ourensáns, coa XV Feira do Viño de Monterrei que nesta ocasión reúne a 18 adegas.

A xerente do Inorde, Emma González, que asistiu hoxe á inauguración da Feira, felicitou á Denominación de Orixe de Monterrei polo “traballo de promoción que está a realizar dos seus caldos logrando que teñan unha gran proxección internacional”.

Neste mesmo sentido, Emma González lembrou que o Inorde “contribúe na proxección turísticas das Rutas do Viño coa posta en marcha xunto a Renfe e a Xunta de Galicia do Trens Turísticos de Galicia”. De feito, o vindeiro 20 de agosto terá lugar a saída do Tren Turístico Ruta do Viño de Monterrei a través do cal os viaxeiros descubrirán o Castelo, os seus caldos, viaxarán ata Verín e Allariz, e mergullaranse na cultura ourensá coa visita ao Museo Moncho Borrajo.

Así mesmo, Emma González recordou que o sector vitivinícola non só é “un dos principais motores económicos da nosa provincia, senón que en Ourense, contamos con 4 das 5 Denominacións de Orixe Vitivinícolas (a das Ribeira Sacra compartida con Lugo). Por elo, a calidade dos nosos caldos convérteos en “perfectos embaixadores do noso destino”, e así xunto a gastronomía, están presentes na marca turística “OU”, porque a súa afamada calidade atrae a numerosos visitantes ao noso territorio.

A Feira, que se celebrará do 12 ao 14 de agosto, conta coa participación de 18 bodegas, das 28 que conforman dita Denominación de Orixe, unha máis que no 2019, “o que demostra que o sector continúa a apostar por esta cita vitivinícola que para nós ten unha gran carga emocional”, dixo a presidenta da DO Monterrei, Lara da Silva.

O viño estará amenizado con música, gastronomía e a cultura do lugar, desenvolve a programación en dous espazos: no parque da Alameda onde estará a Feira propiamente dita, e o parque da Preguiza, onde terá lugar os concertos.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email