O INORDE DA A COÑECER A PROFESIONAIS PORTUGUESES A SÚA APOSTA POLA RECUPERACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS

Rosendo Fernández, presidente do INORDE, reuniuse cos responsables da empresa portuguesa AIM CIALA e con técnicos do Instituto Politécnico de Coimbra-Escola Superior Agraria co fin de dar a coñecer a forte aposta do INORDE pola recuperación das Razas Autóctonas de Galicia. Acompañados polo veterinario do INORDE, Bernardino Domínguez, visitaron a explotación de Porco Celta que o INORDE ten en Armariz- Nogueira de Ramuín. Joâo Santiago e Sonia Girante, responsables de AIM CIALA, empresa adicada á recollida de seme de porcino e que conta na actualidade con 50 sementais de Porco Bisaro (Raza Autóctona Portuguesa), e Rui Ferreira e Roberto Costa, técnicos do Instituto Politécnico de Coimbra – Escola Superior Agraria, coñeceron in situ as condicións e características da granxa de Armariz e en particular o porco celta, acompañados polo veterinario do INORDE e o profesor da Universidade de Vigo, Javier Carballo. O obxectivo principal da visita é coñecer a raza e as súas posibilidades comerciais no país veciño. O INORDE, a través do Convenio que mantén coa Consellería do Medio Rural, segue apostando dende fai anos pola recuperación das Razas Autóctonas de Galicia.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email