O Inorde, presente na XXXI Festa da Vendima de Leiro

O Inorde colabora, a través da liña de axudas para cooperar cos concellos en accións de promoción dos produtos ourensáns, coa XXXI edición da Festa da Vendima de Leiro.

Ademais, este organismo está a participar neste emblemática celebración cun stand propio para achegar o traballo que realiza o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde a prol do sector primario da provincia e asesorar aos interesados na agricultura.

A celebración, que conta con máis de tres décadas de historia, inclúe este ano na súa programación unha mostra de viños, concursos de acios e carrozas, un mercado artesanal, concertos, actividades infantís, ou unha concentración de coches clásicos


Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email