O responsable do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde participa nas xornadas sobre “Melloras técnicas na producción da pataca”

O responsable do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, Servando Álvarez Pousa, está a participar nas xornadas sobre “Melloras técnicas na producción da pataca”, no concello de Coristanco, achegando aos asistentes ás mesmas recomendacións sobre a optimización dos sistemas de plantación e sobre a realización dun plan de fertilización en pataca.

As xornadas organizadas pola xunta de Galica coa colaboración do concello de Coristanco, a EFA Ponteboa e a Fundación Juana de Vega, están deseñadas principalmente para os pataqueiros, aínda que tamén, están a asistir estudantes, técnicos comerciais e representantes das Administracións con competencias na materia.

Esta acción nace co obxectivo de reflexionar sobre as técnicas de cultivo da pataca a través do intercambio de coñecementos entre Galicia e zonas produtoras como Bretaña. Con elas preténdese tamén establecer liñas estratéxicas para a implementación de técnicas de cultivo que optimicen os rendementos e primen a conservación dos solos.

Nas xornadas, que se desenvolven os días 16 e 17 de xaneiro,  interveñen agricultores, representantes de Bretagne Plants que contarán as súas experiencias sobre os labores de preparación do solo e as necesarias rotacións de cultivo.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email