O Xeodestino Ribeiro – Carballiño presentouse na Casa de Madrid a prensa especializada en Turismo e Gastronomía

O presidente do Inorde e vicepresidente da Deputación de Ourense participou neste acto salientando que “esta zona representa á perfección os atributos cabeceira do noso destino: patrimonio, enogastronomía, patrimonio e termalismo”

Francisco José Fernández, presidente do xeodestino, fixo un repaso pola riqueza turística que ofrecen os diferentes municipios adheridos ao mesmo “afirmando que se trata do territorio máis termal da provincia termal española de referencia”

O xeodestino Ribeiro-Carballiño presentouse, na Casa de Galicia en Madrid, a prensa especializada en Turismo e Gastronomía. O director da mesma, Juan Serrano, foi o anfitrión deste evento que amosou as bondades do xeodestino, pero tamén da provincia en xeral.

O xeodestino Ribeiro-O Carballiño está integrado pola práctica totalidade dos concellos de ambas as dúas comarcas. O encargado de presentar a riqueza turística que ofrecen os diferentes municipios adheridos ao xeodestino foi o seu presidente, Francisco José Fernández, quen afirmou “que se trata do territorio máis termal da provincia termal española de referencia”.

O presidente do Inorde trasladou aos prescriptores especializados no ámbito turístico e gastronómico as bondades que ofrece a provincia de Ourense, sinalando que precisamente este xeodestino “representa á perfección os atributos cabeceira da nosa marca turística “OU” e que pivotan en catro recursos: o patrimonio, a natureza, a enogastronomía e o termalismo, sintetizando en dúas letras a identidade xenuina do noso territorio”.

Ademais, dado que a presentación se realizou para prescriptores de turismo e gastronomía con sede en Madrid, Rosendo Fernández lembrou que Ourense é “o aeroporto terrestre de Galicia coa chegada da Alta Velocidade, situándonos a pouco máis de dúas horas de Madrid”. Unha conexión que foi un revulsivo para o turismo na nosa provincia, xa que “trala pandemia, estamos a vivir unha importante revitalización do turismo de interior e rural, e a nosa provincia pode dar unha resposta óptima a ese destino que procura o viaxeiro de atopar un lugar sosegado, sen masificacións, e que manteña viva a súa autenticidade”, engadiu o presidente do Inorde.

Precisamente, en canto ao termalismo, Rosendo Fernández lembrou que “a provincia de Ourense á a primeira provincia de España en canto a número de balnearios, actualmente contamos con 7 abertos, que pertencen na súa maioría a este xeodestino, e que conxuga ese dobre modelo termal de balnearios con termas ao aire libre, unha oferta que se verá reforzada coa vindeira apertura do Balneario de Berán”, salientou Rosendo Fernández.

En resumo, a provincia “Ourense Xenuina é un destino que ofrece aos potenciais visitantes unha oferta diferenciada con propostas que se adaptan a calquera época do ano”, afirmou Rosendo Fernández.

Pola súa parte, Francisco José Fernández deu a coñecer os catro puntos máis destacados do xeodestino: o pulpo, cunha Festa ao redor del que está declarada Festa de Interese Turístico Internacional; o termalismo; os dous Camiños de Santiago que pasan por esta zona (o Mozárabe e o Miñoto-Ribeiro que están a medrar en número de peregrinos); e o viño, contando coa Denominación de Orixe máis antiga de Galicia e unha das máis antigas de toda España. Tamén se promocionou o gran patrimonio que ten o territorio, baseada na Arte Románico.

No acto tamén estiveron algúns dos representantes institucionais dos municipios que integran o xeodestino como a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; a alcaldesa de Boborás e deputada provincial, Patricia Torres; e o concelleiro do Carballiño, Manuel Dacal, acompañados polos senadores Carmen Leyte, Miguel Bautista e Miguel Viso.

Para máis información do xeodestino Ribeiro-O Carballiño:https://ribeirocarballino.com/

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email