OS SOCIOS DE INORDE NO PROXECTO CRinMA REALIZAN A SÚA VISITA DE ESTUDO A OURENSE E MONTALEGRE

OS SOCIOS DE INORDE NO PROXECTO CRinMA REALIZAN A SÚA VISITA DE ESTUDO A OURENSE E MONTALEGRE

O proxecto foi premiado pola Unión Europea pola súa temática e contido en 2018, Ano Europeo do Patrimonio Cultural.

O presidente do INORDE, Rosendo Fernández e o xerente, José Manuel Rodríguez, participaron no primeiro Steering Group Meeting que se celebrou cos socios do proxecto en Ourense.

O obxectivo xeral do proxecto é mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña.

Durante a súa estancia en Ourense, visitaron o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, acreditado pola ENAC, en Xinzo de Limia, así como o Proxecto Estaciones ambos os financiados pola U. E. en diferentes programas. Tamén se desprazaron pola Ribeira Sacra, Parada de Sil, Parador de Sto. Estevo, Mosteiro de San Pedro de Rocas, tomando realidade das condicións de montaña e o seu aproveitamento, así como dos recursos culturais do territorio.

A súa visita estudo concluíu cunha degustación do menú do Restaurante Inorde en Xantar (“19 Salón Internacional de Turismo Gastronómico”) onde viron a posta en valor dos produtos autóctonos e a cooperación público (Inorde) – privada (Coren, Cuevas, Adegas Campante- Morgadío), que posibilita esta posta en escena.

PGI01996 CRinMA – Recursos culturais en área de montaña, ten como xefe de fila á Rexión de MALOPOLSKA (Polonia) e como socios ao Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico-INORDE (España), Rexión PODKARPACKIE (Polonia), Axencia de Desenvolvemento Rexional de PRESOV ( Eslovakia), Municipio de MONTALEGRE (Portugal), Asociación Europea de Representantes das Rexións de Montaña (Francia), Unión de Municipios de Montaña PIEDMONT – UNCEM PIEDMONT (Italia). Conta cun importe total de 1.217.250,00 euros.

O proxecto non só implicará directamente a mellora dos Programas Transfronteirizos e dos Programas Operativos Rexionais existentes, senón tamén un pensamento máis complexo sobre o papel do patrimonio cultural nas áreas de montaña, que se traducirá en mellores políticas e programas no futuro.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email