Os socios do proxecto Red Agriconect 4.0. lanzan o primeiro curso MOOC en transformación dixital no sector agroindustrial

Os socios do proxecto Red Agriconect 4.0. lanzamos o primeiro curso MOOC (Massive Open Online Course) en transformación dixital no sector agroindustrial que ten como obxectivo principal impulsar o proceso de transición das empresas deste sector produtivo aos cambios que impón o novo panorama dixital, como medio para asegurar a súa competitividade e mellorar a súa capacidade importadora e exportadora. 

Esta iniciativa axudará ao alumnado a comprender que a dixitalización cambia a vida das persoas: a forma de entender os negocios a través da tecnoloxía e como podemos aplicala para mellorar a competitividade das nosas empresas. 

Este programa céntrase fundamentalmente en que se comprendan os retos da industria agroalimentaria, as diferentes tecnoloxías que se aplican no sector, así como o marco lexislativo europeo para a transición dixital do sector agro.

Con esta iniciativa, preténdese ademais de transmitir coñecementos, estratexias e enlaces de interese, espertar nas persoas que o cursen un espírito de curiosidade e reflexión sobre os novos cambios que se producen no entorno, e que se interesen por realizar a súa propia transformación dixital.

Se queres ser unha desas persoas é moi sinxelo: inscríbete de xeito gratuito no MOOC a través do seguinte enlace e terás unha formación en liña que estará a túa disposición: https://formacion.agriconect.eu/login/

O proxecto Red Agriconect 4.0 está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España – Portugal (POCTEP) 2014 – 2020.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email