A xerente do Inorde, Emma González, asistiu hoxe á presentación dos Institutos de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) e Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo, na sede da Asociación de Empresarios de San Cibrao, que nacen para reforzar o capital humano en Galicia.
O obxectivo é crear unha espazo atractivo para o desenvolvemento de carreiras científicas e tecnoloxías competitivas, favorecendo así a captación de talento e a incorporación ao mundo laboral.
O IFCAE constitúese como unha unidadede I+D+i da Universidade de Vigo especializada na investigación de excelencia e transferencia efectiva nos ámbitos da física e as ciencias aeroespaciais. A través do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais intensificarase a interrelación entre a Universidade, o sector aeroespacial e outros sectores produtivos tradicionais de Galicia.
Pola súa parte, o Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo nace coa vocación de converterse nun centro de referencia nol impulso a través da I+D+i da transición cara sistemas agroalimentarios máis resilientes, sostibles, seguros e circulares.