Renovación do convenio de colaboración do INORDE con CARITAS DIOCESANA de OURENSE, para o presente ano 2021

Está nos derradeiros trámites a renovación do convenio de colaboración do INORDE con CARITAS DIOCESANA de OURENSE, para o presente ano 2021.

Dito convenio supón a vontade por parte do INORDE para apoiar a importante labor no eido da integración social que CARITAS desenvolve en toda a provincia.

Gracias a él, a 10 persoas en risco de exclusión social se lles ofrece a oportunidade de acadar as competencias técnicas necesarias para levar a cabo un novo proxecto laboral en relación coa producción agrícola, coa fin última que poidan atopar un lugar no sector primario provincial, ben como man de obra en explotacións ou ben, e porqué non, arriscándose a comezar unha aventura innovadora de autoemprego agrario.

Ademáis, todos aqueles productos que se cultiven dentro das actividades formativas prácticas se lle subministrarán a CARITAS OURENSE para axudar a labor social que esta institución desenvolve; reforzada as colleitas do curso en si, cos productos resultantes da rede de campos de experimentación e ensaio que o INORDE ten instauradas pola provincia.

Ademais na presente edición, e coa vocación única de mellorar a asistencia social, o INORDE vai por ó dispor de CARITAS OURENSE, as instalacións formativas integradas no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro para impartir, previo o comezo do curso agrícola, xornadas de alfabetización para aqueles participantes no Convenio que así o precisen.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email