Na presentación deste traballo, no Parador de Santo Estevo, o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, destacou que as experiencias recollidas nesta guía “nos permitirán desenvolver proxectos de alta calidade, con resultados sustentables, onde máis aló do investimento de fondos públicos en rehabilitación e conservación do patrimonio cultural se planifique unha estratexia que valorice e garanta a viabilidade futura deses proxectos”.
O Parador de Santo Estevo acolleu hoxe unha xornada de traballo no marco do proxecto europeo “Keep On”, liderado polo Inorde, na que se presentou unha guía de boas prácticas sobre xestión do patrimonio cultural. Un traballo, afirmou o presidente do Inorde e vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, “no que recollemos todos aqueles exemplos que nos poden dar pautas para mellorar as políticas públicas sobre patrimonio cultural”.
Na apertura da xornada, Rosendo Fernández destacou que todas estas experiencias “permitirán desenvolver proxectos de alta calidade, con resultados sustentables, onde máis aló do investimento de fondos públicos en rehabilitación e conservación se planifique unha estratexia que valorice e garanta a viabilidade futura deses proxectos”.
Na convocatoria, que incluíu a presentación dun borrador do plano de acción, onde figurarán todas as recomendacións que axudarán a mellorar as políticas en materia de patrimonio cultural, participou o director do Parador de Santo Estevo, Miguel Castro, como exemplo de boa práctica incluída na guía presentada hoxe, así como o xestor cultural do Concello de Celanova, Antonio Piñeiro, para falar da xestión do patrimonio cultural ourensán.
O proxecto europeo “Keep On”, dentro do programa Interreg Europa e con fondos Feder, conta cun orzamento de preto de 1,4 millóns de euros e unha duración de cinco anos. Liderado polo Inorde, ten como socios a entidades rexionais e locais de Polonia, Grecia e Países Baixos, ademais de asociacións de desenvolvemento territorial de Portugal, Italia e Croacia.