O noso cadro de persoal ven de realizar un proceso de consolidación en diferentes postos de peóns agrícolas, administrativos, técnicos de laboratorio e outros técnicos da administración. Durante a xornada de onte tomaron posesión das súas prazas coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor e o presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, Rosendo Fernández, iniciando unha nova etapa institucional.
Así o Inorde continuará reforzado para afrontar a execución dos proxectos nos que se atopa inmerso este organismo provincial.