A xerente do Inorde participa na xornada sobre “Emprego e sostibilidade en Galicia no 2022”

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe na xornada sobre “Emprego e sostibilidade en Galicia no 2022”, que tivo lugar no Hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela.

Emma González participou na mesa redonda centrada no “Desenvolvemento sostible tamén é emprego de calidade”. Xunto a ela interviñeron a xornalista especializada no sector do medio ambiente e a enerxía en El Español, Laura Ojea; a vicepresidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, María del Carmen Rodríguez; a presidenta de Acebrón Group Mecanizados Tecnolóxicos, Rebeca Acebrón; e o vicepresidente de CEAJE, Lois Babarro.

O acto inaugural da xornada correu a cargo do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites; e do delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva.

Este encontro, organizado por Grupo Raíz Digital e Entrelíneas Comunicación, foi unha gran oportunidade para que destacados relatores compartiran e intercambiaran experiencias sobre aspectos relacionados co emprego, a sostibilidade, o turismo ou o contexto social, económico e ambiental en Galicia no 2022.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email