Bolsa de contratación de Técnico de Laboratorio en análise de solo (A2)

A Deputación de Ourense – Inorde convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de contratación laboral interina para o posto de Técnico/a Especialista de Laboratorio de Análise de Solo (subgrupo A2), con destino no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.

Cales serán as funcións do posto?

  • Análises físico-químicas de solos.
  • Análises de augas de rega, fertilizantes e outros parámetros agroambientais.
  • Identificación de nematodos e enfermidades en cultivos.
  • Tratamento informático dos datos analíticos.

Prazo e forma de presentación:

  • Prazo: 7 días naturais desde a publicación no BOP (15 de abril de 2025).
  • Presentación: de xeito presencial ou telemático a través da sede electrónica.
  • Taxa: 17 € (con posibilidade de exencións por discapacidade, desemprego de longa duración ou condición de familia numerosa).

Consulta as bases completas na seguinte ligazón.

Print Friendly, PDF & Email
In this article:
Share on social networks:
Print Friendly, PDF & Email