A Deputación de Ourense – Inorde convoca un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de contratación laboral interina para o posto de Técnico/a Especialista de Laboratorio de Análise de Solo (subgrupo A2), con destino no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia.
Cales serán as funcións do posto?
- Análises físico-químicas de solos.
- Análises de augas de rega, fertilizantes e outros parámetros agroambientais.
- Identificación de nematodos e enfermidades en cultivos.
- Tratamento informático dos datos analíticos.
Prazo e forma de presentación:
- Prazo: 7 días naturais desde a publicación no BOP (15 de abril de 2025).
- Presentación: de xeito presencial ou telemático a través da sede electrónica.
- Taxa: 17 € (con posibilidade de exencións por discapacidade, desemprego de longa duración ou condición de familia numerosa).
Consulta as bases completas na seguinte ligazón.