O Centro Agrogandeiro do Inorde en Xinzo de Limia acollerá o curso Agricultura Ecolóxica (AGAU0108), unha formación completa de nivel 2 con validez oficial. Con 508 horas de duración, esta acción formativa está orientada á inserción laboral e ao desenvolvemento profesional no sector agroecolóxico.
👉 Datas: do 8 de maio ao 22 de setembro de 2025
📍 Lugar de realización: Centro Agrogandeiro do Inorde – Xinzo de Limia
🕚 Data de selección: 22 de abril ás 11:00 horas
Durante o curso adquirirás competencias clave como:
- Manexo do solo, operacións de cultivo e recolección en explotacións ecolóxicas.
-
Mecanización e instalacións agraria.
-
Prevención e manexo da sanidade do agroecosistema.
-
Agricultura ecolóxica.
-
Formación en igualdade.
- Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero.
Este curso é totalmente gratuito e está dirixido a persoas desempregadas interesadas en formarse nun dos sectores con maior proxección de futuro.
Para máis información, chama ao 988 317 946.
Consulta o programa a través do seguinte botón.
Non perdas esta oportunidade de profesionalizarte na agricultura ecolóxica e dar un paso máis cara a un futuro sostible.