¡AQUÍ HAI RURAL!

Emprendemento agrícola – Centro colaborativo de produto – Formación e asesoramento

O Inorde vén de comezar unha serie de reunión de traballo que forman parte do proceso participativo para o deseño do futuro Centro Transformador de produtores rurais.

A primeira reunión tivo lugar coa a secretaria da IXP Mel de Galicia, María de Diego Roldán; coa técnico e formadora do panel de cata de IXP Mel de Galicia, Beatriz Rios Cebreiros; coa presidenta de IXP de Galicia e administradora e veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia; e coa técnico da Agrupación Apícola de Galicia. Por parte do Inorde participou a xerente, Emma González; a técnico económico, Rocío Gómez; e o técnico responsable do Centro Agrogandeiro, Servando Álvarez.

No encontro presentáronse os obxectivos do proxecto “Ecosistema de Producións Sustentables de Alto Valor Engadido na provincia de Ourense”, que conta co financiamento do Ministerio de Transición Ecológica e Reto Demográfico.

Por parte da Agrupación Apícola trasladáronlle ao Inorde as necesidades dos seus asociados para impulsar un espazo destinado ao envasado de “Mel de Galicia“, e que será unha das liñas do futuro Centro Colaborativo en Cantoña