Eventos 2

Campaña de análises de solo

Coa chegada de setembro iníciase unha nova campaña de análises de solo por parte do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro.

Dende o INORDE cremos fundamental dotar de ferramentas técnicas ós profesionais do sector primario á hora de realizar a súa labor esencial de surtir de alimentos á sociedade; por iso, as analíticas de solo e o posterior aconsellamento técnico permitiralles a ditos profesionais ,xestionar dunha forma sostible as súas explotacións. Sostibles dende o punto de vista económico ó optimizar os recursos ademáis de asegurar unhas producción coa máxima calidade, e sostibles medioambientalmente ó asegurar un respecto absoluto ó medio natural.

Á hora de proceder a coller as terras para a súa análise recomendase seguir o procedemento de toma de mostra que se adxunta, e a hora de entregalas, ben en calquera instalación do INORDE ou a través do seu envío por correos ou axencia de transporte, o interesado deberá aportar os datos indentificativos tanto do solicitante como do terreo en sí, que se reflicten no adxunto “Datos indentificativos”.

Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro – INORDE
Explanada pavillon deportes s/n. 32630 Xinzo de Limia. Ourense
Telf.: 988 317 946
centroagrogandeiro@gmail.com