O Barco de Valdeorras, 3 de marzo de 2026 – No marco do seu encontro anual, a Asociación Galega de Bloggers de Viaxes (GaliciaTB) organiza este sábado 7 de marzo o “Coloquio Viaxeiro 2026”. O evento terá lugar ás 12:30 horas no Salón Multiusos do Concello do Barco e será de acceso libre para todo o público.
A xuntanza contará coa participación destacada do Inorde (Deputación de Ourense), reforzando o apoio institucional á promoción turística da comarca. Durante o coloquio, moderado por Alberto Ribas (presidente de GaliciaTB), abordaranse os seguintes temas:
-
Destinos estrela para a tempada 2026.
-
Novas tendencias e o futuro dos blogs de viaxes.
-
Diferentes modalidades de viaxeiro no contexto actual.
Con esta cita, os creadores de contido e as institucións buscan proxectar a riqueza de Valdeorras ante os miles de seguidores que suman os máis de 20 especialistas en viaxes que visitan a zona esta fin de semana.



