PROXECTO SOILDIVERAGRO: Novas prácticas para impulsar a calidade e a produción dos cultivos.
• Horizon 2020
– Cofinanciamento : 100%
• Período de execución: 01.06.2019 – 31.05.2024
• IMPORTE TOTAL: 6.999.888,75 €
• Xefe de fila: Universidade de Vigo (España),
• 21 Socios dos seguintes países: • República Checa, Dinamarca, Bélxica, Finlandia, Alemaña e Estonia.
OBXECTIVO DO PROXECTO
Adopción de novas prácticas de xestión e sistemas de cultivo que melloren a biodiversidade xenética e funcional do chan para reducir o uso de insumos externos e aumentar, ao mesmo tempo, a produción e a calidade dos cultivos, a prestación de servizos ecosistémicos e a estabilidade e resistencia da agricultura da UE.
O Inorde, a través do Centro Agrogandeiro realizará un labor de contacto cos agricultores así como a posta en marcha de ensaios de campo, encamiñados á procura de solucións respectuosas co medio ambiente e unha rendibilidade contrastada.