A casa do Concello de Paderne de Allariz acolleu unha xuntanza colectiva  de potenciais usuarios do Centro Colaborativo de Transformación para deseñar as liñas de producción previstas na Estación de Cantoña.

Tomaron parte unha trintena de participantes tanto da comarca (Allariz, Paderne, Baños de Molgas) como doutros concellos da provincia tales como Cenlle, Toén, Ourense, Vilar de Barrio, Laza ou Lobios.
Foi o alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pére, xunto a membros do grupo municipal, o encargado de dar a benvida aos asistentes.
A xerente do Inorde, Emma González, e o director do Centro Agrogandeiro, Servando Alvarez presentaron o proxecto que baixo o nome de “Ecosistema de Produtores Rurais” co que está a impulsar a Deputación de Ourense a través do Inorde a estimulación de “Produccións Sostibles de Alto Valor Engadido” coa financiación do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
Os enxeñeiros Carme Freire e Miguel presentaron o planeamento previsto e as liñas de producción de mel  e derivados das colmeas e a de conservas vexetais e froitas.
Os asistentes realizaron consultas e propostas e a partir deste momento se constiuirán dous grupos de traballo, un por cada liña como parte do proceso de deseño tamén de xeito colaborativo.
Para aquelas personas interesadas en remitir as suas suxerencias poden solicitar o seu formulario en inorde@inorde.com

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email