O persoal do INORDE (centro de desenvolvemento agrogandeiro) realizaron unha visita técnica ós campos de producción de patata de semente da Coopbarroso do municipio transfronteirizo de Montalegre.
Montalegre foi durante moito anos a principal zona productora deste tipo de patata no veciño Portugal, de tal xeito que esta patata de semente disfrutaba dunha gran fama debida a súa alta calidade; o paso do tempo propiciou que este cultivo se fóra abandoando en beneficio da gandeiría e só nos últimos anos se amosou un crecente interes por recuperalo.
O presidente da coperativa, Nuno Sousa solicitou unha visita dos servizos técnicos do INORDE coa fin de estudiar a posibilidade de cooperación con dito organismo no senso de lle aportar apoio tecnolóxico que permita recuperar unha producción estable e rendible de patata de semente.
Dende o INORDE creese fundamental a cooperación transfronteriza como forma de desenvolvemento sostible e altamente beneficioso para ambos lados dunha fronteira cada vez máis difuminada.