A Deputación de Ourense, o Inorde e a CEO lanzan a primera edición dun programa pioneiro para o impulso da sustentabilidade en empresas do sector agroalimentario

A Deputación de Ourense, o Inorde e a CEO lanzan a primera edición dun programa pioneiro para o impulso da sustentabilidade en empresas do sector agroalimentario contando coa dirección académica de CEOE Campus. 

Esta primeira edición do “Programa Sustentabilidade no Sector Agroalimentario” ten como obxectivo apoiar ás empresas deste sector neste proceso de transformación cara a sustentabilidade facilitándolles coñecemento, ferramentas e recursos. 

O programa mestura sesións formativas en remoto cun enfoque totalmente práctico, empresas que expoñen as súas boas prácticas e asesoramento para a posta en marcha de accións. 

A presentación e masterclass sobre sustentabilidade celebrarase o vindeiro venres, 16 de setembro, ás 12.00 horas na sede da Confederación Empresarial de Ourense, no marco da Mobile Week 2022. 🗣

Na xornada intervirá Leticia Álvarez Alonso, directora académica do programa e recoñecida experta en extratexias de sustentabilidade.

Máis información: https://www.ceo.es/programa-sostenibilidad-campus-ceoe-ceo-inorde/ 

Para inscribirte para asistir presencialmente ou en remoto: https://forms.gle/5jWEFSjitUQfErRUA 

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: