A iniciativa solidaria “Pedaleando por el Párkinson” chega a Ourense

Ourense, 15 de xullo de 2023.-A iniciativa solidaria “Pedalear por el Párkinson – Young Parkies Portugal” chegou hoxe a Ourense. Os encargos de recibilos, no Liceo, foron o presidente do Inorde en funcións, Rosendo Fernández; e a xerente do Inorde, Emma González, que estiveron acompañados por membros da Asociación Ourensá de Esclerosis Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (AOEDEMPER), Socorro Fernández, Manuel de Santos Cid e Enrique Pereira. A comitiva que hoxe chegaba á cidade das Burgas estivo encabezada por Filipe Gaivão e José Carlos Marques, de Young Parkies Portugal.

Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Inorde, está promovida por Filipe Gaivão, quen trala pandemia decidiu embarcarse de novo na súa bicicleta para dar visibilidade a diferentes causas humanitarias como o leva a facer desde o ano 2014. Nesta ocasión, decidiu organizar unha viaxe desde Londres a Lisboa, en apoio a Young Parkies Portugal, con paradas en diferentes cidades, para amosar o seu apoio a este enfermidade.

A viaxe comezou en Londres porque o farmacéutico inglés James Parkinson, foi o primeiro en describir a “parálise temblorosa”, no seu ensaio de 1817, unha afección que máis tarde pasou a chamarse Párkinson. Por elo, desprazáronse ata Londres para emprender esta viaxe ata Lisboa pasando por varias asociacións que apoian a enfermidade en Inglaterra, Francia, España e Portugal. Mañá emprenderán unha nova etapa desta viaxe desde Ourense a Vila Nova de Cerveira, e está previsto que cheguen a Lisboa o día 20 de xullo, despois de realizar 2.250 km en 17 días. A chegada que será retransmitida en directo nun programa de televisión de TVI.

O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa progresiva que se caracteriza por síntomas motores (coñecidos colectivamente como parkinsonismo) e síntomas non motores como trastorno do sono, depresión, hipotensión arterial… entre outros. Os síntomas varían en cada persoa, pero o párkinson é a enfermidade dexenerativa que máis aumentou nas últimas dúas décadas.

 

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email