A Mobile Week 2022 chega a Xinzo de Limia da man do Inorde e coa colaboración de VIRATEC e Viaqua, cunha xornada que analizará como vencellar a tecnoloxía ao eido agrícola e rural. A xornada comezará ás 10.00 horas, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde, a cargo da propia xerente, Emma González, para continuar cunha serie de relatorios centrados nesta cuestión. Primeiro Antonio Sainz centrarase na dixitalización e optimización do rego para optimizar os recursos e aumentar a productividade.
Posteiromente , Leticia Rodríguez presentará un caso de éxito, o proxecto Guardian para a loita contra incendios, unha iniciativa que conta coa infraestrutura hidráulica máis grande de Europa para aumentar a resiliencia contra os incendios forestais.
Trala pausa, O Clúster Gallego de Solucións Ambientais e Economía Circular, VIRATEC, centrarase na aposta por un rural sostible e tecnolóxico, para incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións ambientais.
Rematará, Alberto Sánchez de Viaqua, quen analizará a capacidade que ten a auga como vector de transformación e adaptación territorial fronte ós efectos do cambio climático a través da súa dixitalización. Alberto explicará a estratexia de tranformación de Viaqua e a oportunidade que supón a dixitalización do ciclo da auga para un territorio como a provincia de Ourense no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A actividade está dirixida principalmente a propietarios de plantaciones, agricultores, etc.
Esperámosvos o vindeiro venres, 16 de setembro, de 10.00 a 12.30, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro en Xinzo de Limia.
Máis info; mweek.com