A Vía da Prata de Ourense, protagonista na revista Infortursa

Desde o Inorde compartimos a recente aparición da Vía da Prata pola provincia de Ourense na portada e reportaxe especial da revista Infortursa, medio especializado en viaxes, patrimonio e gastronomía.

Esta publicación, difundida en diferentes puntos de España, presenta a nosa Vía da Prata como “o camiño tranquilo en Ourense”, unha ruta singular que conecta natureza, patrimonio e emocións inesquecibles ao longo do territorio ourensán.

Trátase dunha actuación incluída no convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a través do Inorde, e a Axencia de Turismo de Galicia, que ten como obxectivo promocionar o turismo sostible e poñer en valor os recursos do noso territorio a través desta histórica ruta xacobea.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: