A xerente do Inorde participa na presentación da 59 Festa do Pulpo do Carballiño

A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe na presentación da 59 “Festa do Pulpo” do Carballiño, que tivo lugar na Casa Consistorial do municipio. Na súa intervención, Emma González lembrou que este evento gastronómico  conta co apoio do #Inorde, ao igual ca outros que se realizan ao longo do ano na provincia, “por poñer en valor un produto que forma parte da identidade gastronómica da nosa provincia e incluso de toda a Comunidade Autónoma”.

A xerente do Inorde congratulouse de que, pese as circunstancias, “sexamos capaces, grazas á cooperación institucional e privada, de sacar de novo un ano máis á rúa o polbo, para que veciños e turistas poidan degustar un dos maiores atractivos enogastronómicos ourensáns”. Así mesmo, Emma González lembrou que contan co apoio do Inorde e da Deputación de Ourense para que pronto este evento gastronómico de referencia logre ser distinguido como “Festa de Interese Turístico Internacional”.

Esta edición celebrarase de maneira restrinxida debido á situación sanitaria e, aínda que a cita principal do evento será o vindeiro domingo, haberá paralelamente diferentes actividades culturais durante toda a semana.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email