A xerente do Inorde, Emma González, participou hoxe no acto inaugural do Foro de Turismo Rural que se celebrou, esta tarde, na Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Na súa intervención, Emma González destacou que o Turismo Rural representa “a variación máis positiva con respeto a cifras prepandemia, entre as distintas tipoloxías, na provincia de Ourense nos meses de xullo, agosto e setembro”.
No acto tamén estivo a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo que actuou como coordinadora da mesma; o coordinador do Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo de Interior e de Saúde, organizador do Foro, José Antonio Fraiz; o presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo González; e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Trala inauguración, tivo lugar a presentación dos datos 📈 do Turismo Rural en Galicia a cargo do dr. Enric López co-director do Observatorio do Turismo Rural en España, así como profesor e investigador da CETT-UB.
Por último, celebrouse unha mesa redonda baixo o título “Necesidades, potencialidade e retos do turismo rural en Galicia” na que interviñeron o presidente do Cluster de Turismo de Galicia, o presidente de FEGATUR, o Dr. Enric López de CETT-UB e o Dr. Fidel Martínez da USC.