A xerente do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal, Emma González, visitou o Concello do Carballiño, un dos municipios beneficiarios deste PSTD liderado pola Deputación de Ourense, para revisar co alcalde do municipio, Francisco Fumega, as actuacións que se levarán a cabo neste territorio no marco do Plan.
O PST “OurenseTermal” materializarase ao longo das anualidades 2022-2024, nos 15 municipios rurais termais da provincia, a través dun convenio entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.