A xerente do PST “Ourense Termal” visita o municipio de Lobios para revisar as actuacións que se levarán a cabo no marco deste Plan

A xerente do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal, Emma González, visitou acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente de Lobios, Domingo Silva, o lugar onde se levarán a cabo as actuacións neste territorio no marco deste Plan, como municipio beneficiario deste PST liderado pola Deputación de Ourense.

PST “Ourense Termal” materializarase ao longo das anualidades 2022-2024, nos 15 municipios rurais termais da provincia, a través dun convenio entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: