Abertas as inscricións da Xurés Bike Tour que se disputará os días 15 e 16 de xuño

Abertas as inscricións para participar nunha nova edición da Xurés Bike Tour que se disputará os días 15 e 16 de xuño

A competición está dividida en tres etapas: dúas tipo maratón e unha contrareloxo que levará aos deportistas a transitar polo Parque Nacional de O Xurés.

A primeira etapa, que terá lugar o 15 de xuño, cunha distancia de 42 km, pasará porr enclaves únicos como la aldea de O Salgueiro. Pola tarde, celebrarase a segunda etapa que sairá de Entrimo, cun  percorrido de 12 km  en formato contrareloxo. A última etapa será o domingo 16 de xuño con saída e chegada desde  Lobios, para realizar 55 km que transcorre pola contorna da Mina das Sombras e Portela do Homem.

A Xurés Bike Tour consta de distintas modalidades: volta completa, na que os participantes realizan as tres etapas; bicicleta eléctrica, dirixida a deportistas individuais que realicen as tres etapas cunha e-bike —esta categoría no será competitiva— e modalidade por parellas , para os equipos de dous integrantes que realicen as tres etapas. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos. Ademais, poderase realizar calquera das etapas de forma individual (excepto o prólogo) pero non entrarán nos premios da etapa.

Inscricións: www.xuresbiketour.com

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email