Aberto o prazo de inscricións para que as adegas ourensás con distribuidores ou importadores en Miami participen en Galician Cinema & Food Festival

O Inorde promocionará a marca “Ourense Enogastronómica” na sexta edición que terá lugar do  14 ao  17 de novembro, no Cosentino City Miami e na Casa do Consul de España (Florida).

Entre as actuacións previstas a realizar no evento, contémplase unha degustación con maridaxe de produtos galegos e viños das Denominacións de Orixe da provincia de Ourense o día 14 de novembro,. Así mesmo, celebrarase unha mesa expositiva para facer contactos de networking con distribuidores profesionais, prensa especializada, restauradores, influencers e operadores de viaxes deste mercado.

Por elo, o Inorde abre o prazo de inscrición para que aquelas adegas adscritas ós Consellos Reguladores con D.O. da provincia de Ourense.

A inscrición é gratuíta, o único requisito é que teñan distribuidores ou importadores en Miami ou Florida, poidan solicitar a  participación coa presenza dos seus viños e fagan o envío do produto ao destino (Miami – Florida (EEUU).

Os interesados en participar teñen de prazo para inscribirse ata o vindeiro venres, 30 de setembro, enviando un correo ao mail inorde@inorde.com.

Para dúbidas ou información poden poñerse en contacto co Inorde a través do número de teléfono 988 31 79 30.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email