Aberto o prazo para inscribirse na “Gladiator Race” que organiza o Inorde

A partir de hoxe, ás 19.00 horas, os interesados en participar poderán anotarse na segunda edición desta proba, unha das máis espectaculares de España, que mestura deporte e aventura nunha contorna natural e paisaxística sen parangón como é a de Muíños

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a segunda edición da “Gladiator Race” que desde hoxe a partir das 19.00 horas, abre o seu prazo de inscrición para que poidan anotarse nela todos os interesados. Esta proba é unha das carreiras de obstáculos máis espectaculares de España que ofrece un percorrido de algo máis de 6 quilómetros. Ao longo destes, os participantes deberán superar 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis. E, todo elo, desenvolverase nun marco incomparable como é a contorna natural e paisaxística do complexo turístico do Corgo, en Muíños.

A “Gladiator Race” que se celebrará o 30 de outubro, contará con actores ao longo do percorrido para dotar de maior diversión e entretemento á proba. Trátase dunha experiencia que está aberta a todo tipo de público e que se poderá disputar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

Os interesados en participar poderán anotarse desde hoxe ás 19.00 horas a través da páxina web: www,gladiatorrace.es.

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email