BASES PARA PARTICIPAR COMO COEXPOSITOR NO STAND DO INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLMENTO ECONÓMICO (INORDE) NO SALÓN GOURMETS 2022

Primeira.- Obxecto.

            O obxecto destas bases é a regulación do procedemento destinado a seleccionar por concorrencia non competitiva a dez (10) micro empresas como coexpositores  no stand que terá o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) no Salón Gourmets 2022, Feira de Alimentación e Bebidas de calidade, que se celebrará no recinto feiral de IFEMA, Madrid, entre os días de 25 ó 28 de abril de 2022. O stand do Inorde terá unha superficie total de trinta e seis (36) metros cadrados, dentro do cal se habilitarán dez módulos destinados, cada un deles, a unha empresa da provincia de Ourense para que expoña e promocione os seus produtos.

Segunda.- Perfil del coexpositor.

            Poderán ser coexpositores as micro empresas produtoras de produtos gourmet, que sexan titularidade de persoas físicas autónomas o xurídicas cuxo domicilio e centro de produción estea situado na provincia de Ourense. Se o produto da empresa fosen viños, a súa produción anual non poderá ser superior a catrocentos mil (400.000) litros nos últimos dous exercicios anuais cerrados.

            2. Se considera micro empresa a empresa que ocupa a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual o cuxo balance xeneral anual non supera os 2 millóns de euros, de conformidade con as definicións de PEME do artigo 2.3 do Anexo I do  Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

Terceira.- Condicións da participación como coexposoitor.

            O coexpositor deberá atender o módulo que teña asignado no stand do Inorde para a promoción e exposición do seu produto, sendo a seu cargo os gastos de desprazamento e estancia en Madrid. Deberá, ademais, aboar os costes de personalización e rotulación do módulo que teña asignado, que se estiman en cen (100,00) euros mais IVE,  á empresa montadora do stand do Inorde.

Cuarta.- Solicitudes.

            1. As empresas interesadas en participar como coexpositoras no stand do Inorde no Salón Gourmets 2022, deberán presentar a súa solicitude, dirixida ó Inorde, no modelo que se contén no anexo I destas bases, entre as 00:00 horas do día 2 de febreiro de 2022 e as 24:00 horas do día 15 de febreiro de 2022.

            2. As bases publicaranse na páxina web do Inorde (www.inorde.com), e nas contas que o Inorde ten abertas en Facebook (Inorde), Instagram (inordeourense) e Twitter (@inordeOurense).

            3. A solicitude  presentarase na sede electrónica da Deputación provincial de Ourense (https://sede.depourense.es/), utilizando a opción de presentación de solicitudes de propósito xeral ou, se o solicitante non está obrigado a comunicarse coa Administración por medios electrónicos, poderá presentar a solicitude nos Rexistros do Inorde, da Deputación de Ourense ou no de outra Administración.

            4. O Inorde poderá pedir ó solicitante que xustifique o domicilio e centro de actividade da empresa, así como o número de persoas ocupadas, o volume de negocio anual ou o balance anual da mesma, ó obxecto de comprobar os datos incluídos na solicitude e o cumprimento do perfil esixido na base segunda.

            5. Coa presentación da solicitude as empresas asumen os compromisos e condicións establecidos nestas bases.

Quinta.- Procedemento de selección.

            Serán seleccionadas as primeiras dez (10) solicitudes presentadas que cumpran as condicións da convocatoria. No caso de empate tería prioridade a empresa que haxa participado en, alo menos, un dos proxectos do Inorde destinados a produtores, AGRICONET e CircularLabs. Se algún solicitante seleccionado renunciase a participar como coexpositor tras a súa selección, será substituído por un solicitante non seleccionado, que cumpra as condiciones da convocatoria, polo seu orde de presentación.

Sexta. Protección de datos.

            1. O tratamento polo Inorde dos datos persoais do solicitante contidos na solicitude se funda no disposto no Regulamento UE 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos, así como na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de  decembro, de Protección de Datos Persoales e garantía dos dereitos dixitais.

            2. Coa presentación da súa solicitude as empresas seleccionadas manifestan o seu consentimento para que poida utilizarse a súa imaxe e a das persoas que as representan ou con ela participan no Salón Gourmets 2022 nas fotografías y gravacións audiovisuais que se realicen no stand do Inorde, o seu entorno e nas actividades nas que participen no Salón Gourmets 2022, para difusión ou xustificación do evento. Así mesmo, as empresas seleccionadas tamén autorizan que os seus datos poidan ser comunicados a outras entidades que teñan que intervir na xestión do stand ou do Salón.

            3. Os datos subministrados se conservarán nos arquivos do Inorde de forma indefinida, para os únicos efectos da súa conservación conforme ó disposto na lexislación sobre arquivos do sector público e na lexislación sobre patrimonio documental cultural.

            4. As persoas interesadas poderán solicitar en todo momento da Presidencia do Inorde o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, no seu caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

DESCARGAR: bases stand gourmets 2022. gal

ANEXO I

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN COMO COEXPOSITOR NO STAND DO INORDE NO SALÓN GOURMETS 2022

Don/Dona ………………………………………………………………………….., co D.N.I./N.I.F número ……………………, no seu propio nome e dereito/ en representación de ………………………………………………….……, na súa calidade de ……………………………………………………….

SOLICITA a participación como coexpositor no stand do Inorde no Salón Gourmets 2022 da empresa:

Nome/denominación social:

N.I.F:

Enderezo:

Teléfono:

Correo electrónico:

Actividade:

Produto:

Persoas ocupadas:

Volume de negocios anual:

Litros anuais producidos (produtores de viños):

Participación en proxectos do Inorde:

Ourense, ……………….

O INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO (INORDE)

Print Friendly, PDF & Email
Neste artigo:
Compartir nas redes sociais:
Print Friendly, PDF & Email