Hoxe as 9.00 horas, celebrouse na Sala de Xuntas da Deputación de Ourense e de forma telemática a sesión extraordinaria da Comisión Executiva do INORDE, e as 9.30 a sesión extraordinaria do Consello Reitor do INORDE.
A Videoconferencia do Consello Reitor do INORDE. Asisten Rosendo Fernández (Presidente do Inorde e Vicepresidente da Deputación de Ourense); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 1º da Deputación Ourense); José Miguel Caride Domínguez (Deputado Provincial DO); Marisol Nóvoa Rodríguez (Presidenta da CEO); Juan Marquina Fuentes (Secretario Xeral da Deputación de Ourense); Mónica Legaspi Díaz (Interventora Deputación Ourense); Montserrat Cruz González (Facultade Ciencia Empresariais e Turismo do Campus de Ourense); Gabril Alén Castro (Delegado da Xunta en Ourense); Santiago Ferreiro Peréz (Presidente AA Constructores de Ourense); Aurelio Gómez Villar (Asesor Cultura Deputación Ourense), Margarita Pérez Fernández (Deputada PSdeGA-PSOE); Bernardo Varela López (Deputado BNG); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Artur Yuste i Tarragó (Director Xeral do Grupo Cuevas); María Esther de Blas Varela (ViceReitora do Campus de Ourense); José Antonio Rodríguez Araujo (Presidente da AA de Empresarios do Poligono Insdustrial de San Cibrao da Viñas).
A orde do día da Comisión Executiva foi a seguinte:
1.Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria da Comisión Executiva do Inorde do 29 de decembro de 2020.
2. Aprobación da concesión da subvención nominativa a favor do concello de Arnoia.
3. Dación de conta dos contratos asinados polo Presidente do Inorde dende o 29 de decembro de 2020.
4. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
A orde do Día do Consello Reitor :
1.Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do 15 de setembro de 2020
2. Expediente de modificación 2021/2003V das bases de execución do orzamento para o ano 2021.
3. Resolución do procedemento para a provisión da xerencia do INORDE.
Todos os temas a tratar foros aprobados por unanimidade.