O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) resolveu a convocatoria de subvencións destinada a financiar accións de dinamización e promoción do comercio local desenvolvidas durante 2026 por asociacións de comerciantes e asociacións empresariais municipais ou comarcais da provincia de Ourense.
En total, o INORDE concede 41.750,10 euros a oito entidades, co obxectivo de apoiar iniciativas que contribúan a fortalecer o comercio de proximidade, fomentar o consumo local e dinamizar a actividade económica dos municipios e comarcas da provincia.
Entidades e proxectos beneficiarios
As axudas concedidas distribúense entre as seguintes asociacións e actuacións:
- Asociación de Comerciantes y Empresarios de Maceda: 5.600 euros para o proxecto Maceda 100×100: Mercar aquí ten premio.
- Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA): 5.600 euros para Valdeorras Sostible III Ed. 2026.
- Asociación de Empresas e Comercios Prolimia: 5.600 euros para a iniciativa O Comercio, o latexo dun pobo.
- Asociación de Floristas de la Provincia de Ourense (AFLOR): 5.600 euros para o proxecto En AFLOR todos somos floristas.
- Asociación de Empresarios de Verín: 5.599,88 euros para Outubro Viaxa Contigo.
- Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense: 4.589,58 euros para actividades de dinamización, fidelización e promoción comercial.
- Asociación de Comerciantes e Industriales de la Plaza de Abastos Nº 1 de Ourense: 3.560,64 euros para unha campaña de promoción do produto local e do comercio de proximidade.
- Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense: 5.600 euros para Comercio Vivo, unha acción de dinamización do comercio local mediante un espazo promocional na rúa e unha campaña audiovisual.
Apoio ao comercio de proximidade
A través desta convocatoria, o INORDE apoia o labor das asociacións que traballan directamente co tecido comercial e empresarial da provincia. As actuacións subvencionadas inclúen campañas de fidelización, propostas de promoción do produto local, iniciativas vinculadas coa sustentabilidade e accións de dinamización nas rúas e nos establecementos.
Estas axudas buscan reforzar a visibilidade e a competitividade dos negocios locais, favorecer a colaboración entre os establecementos e promover o comercio de proximidade como un elemento clave para o desenvolvemento económico e social da provincia de Ourense.
A resolución foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 105, do 5 de xuño de 2026, e tamén pode consultarse a través das canles oficiais do INORDE e da Base de Datos Nacional de Subvencións.
CONSULTAR A RESOLUCIÓN DO BOP AQUÍ





