Comisión de Seguimento do Inorde e o Xeodestino Trevinca-Valdeorras

O Inorde e os concellos do xeodestino Trevinca-Valdeorras integrado polos concellos do Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras,  Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartin de Valdeorras, reuníronse hoxe vía telemática para dar conta do informe sobre o convenio coa Axencia de Turismo.

Aprobada a achega dos concellos e do Inorde a dito convenio, avanzouse nesta Comisión de Seguimento no plan de actuacións previsto para este 2022, encamiñado a  promocionar o destino en base ao seu novo claim “Terras que saben”, que conxuga o saber do carácter histórico deste territorio co sabor da súa gastronomía.

Neste artigo:
Compartir nas redes sociais: